A
biblioteca únese a este proxecto literario, onde se atopan as
diferentes personalidades do sector das letras, as novidades
editoriais, actividades, etc. estando presente nunha caseta onde
amosará os servizos e as actividades que ofrece ás persoas usuarias.
Do
23 de maio ao 1 de xuño
Horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.00 h
Para:
Público xeral.
|
|
MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario
Para
festexar o Día do Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o día
28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante
todo o mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.
Do
2 ao 30 de xuño
Horario
de apertura da biblioteca
Para:
Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
|
|
|
CLUB DE LECTURA: De
outubro a xuño
O
club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se
reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un
libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da
coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas
persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar
ideas e opinións.
Xoves, 5 de xuño ás 19.30 h
Xoves,
19 de xuño ás 19.30 h
Para:
Público socio do club.
|
|
|
PREVIA INSCRICIÓN*
PRAZO ABERTO
O
Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca
xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas
historias, divertidas cancións e estupendos xogos.
Sábado,
7 de xuño ás 12.00 h
Para:
Público infantil dende 3 ata 10 anos.
|
|
ACHÉGATE A INTERNET: Inicación
I
PREVIA INSCRICIÓN*
3 DE XUÑO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Ante
o éxito das pasadas edicións do curso "Achégate á
Internet", preséntase unha nova edición deste proxecto de
alfabetización dixital, no nivel de "Iniciación I",
pensado para aquelas persoas usuarias sen coñecementos básicos no
manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de
formación de usuarios, unha das liñas estratéxicas de traballo da
biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas autónomas
na busca/asimilación de información e no manexo das novas
tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás
novas formas de información, formación, e lecer
Martes 10, mércores 11, xoves 12 e venres 13
de xuño
Horario:
de 10.00 a 12.00 h
Para:
Público adulto maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de
informática e Internet.
|
|
|
"A
hora dos contos" é un proxecto de animación á lectura onde
presentamos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor
dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público
máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Xoves,
12 de xuño ás 18.00 h
Para:
Público infantil dende 3 ata 10 anos.
|
|
|
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS: Os contos do chupete
PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE XUÑO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O
terceiro sábado de cada mes grazas a Bea e a David os bebés
compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os
quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida
un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos,
cancións e pequenos xogos.
Sábado,
21 de xuño ás 12.00 h
Para:
Para público infantil dende 12 meses ata 3 anos.
|
|
|
ONCE UPON A TIME: Contacontos
en Inglés
AFORO LIMITADO
A
biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de
Idiomas organiza estas sesións de contos bilingües (en inglés e
galego) para fomentar a aprendizaxe dos idiomas entre o público
infantil.
Un venres ao mes acompáñannos as nosas amigas Ana Sánchez e Mª José
Estévez para ofrecernos una sesión de contos divertida e dinámica
ao tempo que aprendemos novas palabras e novas expresión noutro
idioma.
Venres,
27 de xuño ás 19.00 h
Para:
Público infantil de 3 ata 10 anos.
|
|
|
*A xente interesada en participar nas actividades
que precisen "previa inscrición" poden formalizar a súa
inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra
en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre
en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A
inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un
correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org
indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo
electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades
son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
|
Séguenos
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes:
de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
Poderá
consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
Que
é EbookVigo
>
eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a
disposición das persoas usuarias para facilitar o acceso á lectura en
soporte electrónico.
>
eBookVigo permite tomar en préstamo as principais novidades editoriais
en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, entre
eles tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.
>
eBookVigo estréase con un fondo inicial de 200 títulos seleccionados
entre as principais novidades dispoñibles en formato epub, tanto en
castelán coma en galego.
Este fondo irase incrementando, facendo seleccións e procurando atender
ás peticións das persoas usuarias.
Como
inscribirse
Para
gozar de eBookVigo é necesario:
> Ser persoa usuaria rexistrada na Biblioteca Pública Municipal Xosé
Neira Vilas.
> Ter polo menos 16 anos de idade.
> Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo
electrónico.
> Solicitar a inscrición en eBookVigo acudindo á biblioteca
municipal coa súa tarxeta.
Unha
vez inscrita recibirá unha mensaxe de correo electrónico para
establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da
totalidade dos servizos que ofrece eBookVigo.
LIBRO
ADULTO
LIBRO
INFANTIL
GUÍA
AZUL DE 0-5 ANOS
GUÍA
VERMELLA DE 6-8 ANOS
GUÍA
VERDE DE 9-11 ANOS
GUÍA
AMARELA DE 12-14 ANOS
GUÍA
XUVENIL
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario