Desde este espacio tambien queremos hacernos eco de actividades de nuestro entorno y que pueden ser divertidas para nuestros peques y sus familias.
|
|
PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO 2015
MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Non lembro o título pero.... Día das bibliotecas
Nunha
zona destacada da biblioteca, exponse unha escolma de material
bibliográfico que trata dunha forma cómica as pequenas anécdotas da
vida dunha biblioteca.
Do
1 ao 31 de outubro
Horario
de apertura da biblioteca
Para:
Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
|
|
|
CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
O
club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se
reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un
libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora
Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con
inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e
opinións.
Xoves,
1 e 15 de outubro ás 19.00 h.
Para:
Público socio do club.
|
|
|
ACHÉGATE Á INTERNET: Como sacarlle rendemento á túa conta de correo
PRAZO
DE INSCRICIÓN ABERTO
Sesións
monográficas que teñen como finalidade formar a persoas autónomas na
busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías,
requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de
información, formación, e lecer.
Martes,
6 de outubro ás 17.30 h.
Para:
Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.
|
|
|
A
hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos
diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática
concreta, todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o
gusto polos libros e a lectura.
Xoves,
8 de outubro ás 18.00 h
Aforo
limitado
Para:
Público infantil de 3 a 10 anos.
|
|
PREVIA
INSCRICIÓN* 01 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un
venres ao mes grazas a Bea e a Davide os bebés comparten coa familia
un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns,
espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola
literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos
xogos.
Venres,
9 de outubro ás 18.00 h
Para:
Público infantil de 12 meses a 3 anos.
|
|
MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Samaín
Co
gallo de festexar a celebración do Samaín farase unha mostra de
libros e material audiovisual relacionados cos monstros, vampiros,
fantasmas e todos os seres fantásticos que dan medo!
Do
16 de outubro ao 2 de novembro
Horario
de apertura da biblioteca
Para:
Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
|
|
|
STORYTIME PHANTON MANOR: Contos en inglés
A
biblioteca Neira Vilas en colaboración con Kids&Us organiza
esta sesión de contos en inglés para fomentar a aprendizaxe dos
idiomas entre o público infantil. Unha sesión de contos que xira ao
redor da festa de Samaín ou "Halloween".
Venres,
23 de outubro ás 18.00 h
Aforo
limitado
Para:
Público infantil dende 3 anos.
|
|
|
PREVIA
INSCRICIÓN* 15 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O
Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a
biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós
fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.
Xoves, 29 de outubro ás 18.00 h
Para:
Público infantil de 3 a 10 anos.
|
|
|
CONTOS DAKÍ: María
da Pontragha
Contos
Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns das contadoras e dos
contadores de máis renome do panorama galego e internacional para
deleitar ás persoas participantes cos seus contos, rescatados da
tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son
historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar
indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de
escoitalas. Nesta ocasión visítanos a narradora María da Pontragha.
Venres, 30 de outubro ás 19.30 h
Aforo
limitado
Para:
Público adulto.
|
|
|
Lembrade a data
de inscrición:
ACHÉGATE Á INTERNET: Como facer un CV
COMEZA
O PRAZO DE INSCRICIÓN O 16 DE OUTUBRO ÁS 10.30 H
Sesións
monográficas que teñen como finalidade formar a persoas autónomas na
busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías,
requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de
información, formación, e lecer.
Martes,
3 de novembro ás 17.30 h
Para:
Público maior de 16 anos con coñecementos básicos de Internet.
|
|
|
*A xente interesada en participar nas actividades
que precisen "previa inscrición" poden formalizar a súa
inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra
en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre
en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A
inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un
correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org
indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo
electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades
son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog,
facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis
información das actividades.
|
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes:
de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
Poderá consultar
o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
|
|
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario